Bos días a tod@s. 

Esperamos que dende este blogue poidades pasar uns momentos moi agradables. 

Desfrutar coa música e utilizar a música para desfrutar da vida.

CALIDADES DO SON

Os sons podémolos diferenciar polas súas calidades. Así temos sons fortes ou suaves, graves ou agudos, longos ou curtos, e timbres distintos.
A intensidade, a altura, a duración e o timbre nos permiten diferenciar uns sons de outros.
Na casa do mago podemos traballar todas estas calidades.

http://ares.cnice.mec.es/artistica/b00_01vf.html

Pincha na imaxe do mago para acceder  web.

Para acceder desde o móvil tedes que instalar o buscador Puffin Browser 

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cloudmosa.puffinFree&hl=es 





Que podes percibir?

A escoita é o bloque máis importante na educación musical, pois sostén toda a música en si. A música está feita para ser escoitada.
O principal obxectivo da educación musical e sensibilizar o alumnado a través do son.
"El oído es la puerta de entrada, el testigo y control de la música que se absorbe" (Violeta Hemsy de Gainza, pedagogía musical, 2002, p. 45)
Temos que proporcionar @s nos@s pequen@s unha gran riqueza sensorial, proporcionaremos riqueza sensorial con diferentes timbres, duracións, intensidades e alturas do son.
Variamos:
Sons diferentes. Temos na casa infinidade de obxectos que poden producir sons primeiro a través da manipulación e logo con xogos de adiviña.
Sons longos e curtos, fortes ou suaves, agudos ou graves. Producidos por instrumentos, obxectos ou a propia voz, primeiro a través da manipulación ou reprodución de sons.

No site de actividades tes propostas para traballar a escoita

Bailar e bailar ata derrear

A danza ou baile.

A danza é unha das expresións artísticas máis completas e está presente na música cos bailes, coas cancións con xestos ou cos movementos rítmicos.
As aprendizaxes nesta primeira etapa da vida dos nosos cativos son globais, e a danza consegue ese equilibrio que buscaban os antigos gregos na súa educación: corpo-alma-mente.
E o máis importante:
Bailando somos felices.

visita o noso sitio de actividades e baila sen parar ata derrear.
https://sites.google.com/view/musicabarbeito/inicio