Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Aló no cabo do mundo....

Imagen
Cos contos viaxamos a mundos cheos de sorpresas.  Mundos onde a fantasía convertese en realidade. Deixa voar a túa imaxinación, que rode a túa creatividade e comeza o noso conto: Había unha vez.... Pedro e o lobo Preme na imaxe Añadir leyenda Entra no sitio de actividades

Vive a música

Imagen
A música está formada polo ritmo, a melodía e a harmonía. A velocidade coa que nos movemos, os latexados do corazón... o tic tac do reloxo, o tráfico na cidade. Rodéanos na lectura, na natureza. O ritmo é a vida. Na música medímolo e organizámolo.  VAI O NOSO SITIO DE ACTIVIDADES   As actividades podedes facelas na orde que queirades e os días que queirades, podedes facelo tamén en varios días. Tamén podedes repetir actividades que vos gustasen moito ou buscar outras.

Tic tac, tic tac... soa música sen parar.

Imagen
O ritmo. O ritmo prodúcese de maneira natural nas actividades cotiás.  Para Orff é o inicio da música.   Non ter medo de comentar os vídeos.

OS SONS ESQUECIDOS

O mestre Abraham Cupeiro recupera os sons da antigüidade. Con él subirás nunha máquina do tempo e poderás ver e escoitar a música tal cómo a gozaban os  nosos devanceiros   Accede dende aquí a web https://www.abrahamcupeiro.com/

A música rodéanos

Imagen
Seguro que podedes atopar infinidade de obxectos que producen son, e máis seguro que sodes capaces de conseguir facer música con eses obxectos. Só necesitades utilizar o que tedes a mares... a imaxinación. Busca sons o teu arredor, inventa os teus ritmos, compón as túas propias cancións, toca sen parar, goza coa música que podes crear....   Entra no sitio de actividades.

App para aprender e divertirse

Imagen
Xogos e actividades musicais android Aquí vos presento diversos xogos e actividades para pasar un bo rato aprendendo música. Incredibox Xogo para crear composicións musicais estilo beatbox. Viste os personaxes e crea combinacións de sons vocais. Para todas as idades. My singing monsters Cría monstros musicais e observa como evoluciona a canción o engadir novos monstros. Tamén podes crear a túa propia composición musical. Para todas as idades. Simon says.   Xogo de memoria. Intenta repetir os patróns sonoros e colores. Para todas as idades. Groovepad Crea música combinando pistas sonoras. Utiliza a mesa de mesturas para crear as túas combinacións. Todas as idades. Walk band Crea a túa propia canción. Contén moitos instrumentos. Podes gravar as pistas de cada instrumento. Para os máis maiores e atrevidos. JustDance now. Popular xogo de baile. Para xogar precisas de un móvil (para bailar e