Bos días a tod@s. Esperamos que dende este blogue poidades pasar uns momentos moi agradables. Gozar e utilizar a música para desfrutar da vida.
Entradas populares de este blog
Galego e máis...
De
Master
Os galegos temos a sorte de ter a nosa propia cultura. Temos algo que nos diferencia do resto do mundo e nos identifica cómo galegos e galegas. Por suposto a nosa lingua, pero tamén as nosas propias danzas, os nosos cantos, os nosos instrumentos musicais, os nosos traxes... A cultura inflúe na forma na que vivimos e como nos enfrontamos á vida. Entrade na páxina de actividades e aprendede unha das nosas cancións.
SOMOS ARTISTAS
O ser humano sempre foi moi curioso e buscou dende os seus orixes entender e copiar a natureza. Na antigüidade o coñecemento era a través da contemplación do mundo que nos rodeaba. Xurdiron así moitos instrumentos musicais, buscando sons que imitaban a outros que escoitamos en animais ou fenómenos naturais.... O ser humano pasou de facer sons co seu corpo a inventar instrumentos que producían sons. De imitar sons de animais a contar historias coa música... Os instrumentos musicais axúdannos na creación musical xa que nos dan infinitas posibilidades, tantas como sons podemos combinar.... INSTRUMENTOS DOS ARTÍSTAS NO SITIO DE ACTIVIDADES TES MÁIS PROPOSTAS.
Comentarios
Publicar un comentario