Bos días a tod@s. Esperamos que dende este blogue poidades pasar uns momentos moi agradables. Gozar e utilizar a música para desfrutar da vida.
Entradas populares de este blog
Galego e máis...
De
Master
-
Os galegos temos a sorte de ter a nosa propia cultura. Temos algo que nos diferencia do resto do mundo e nos identifica cómo galegos e galegas. Por suposto a nosa lingua, pero tamén as nosas propias danzas, os nosos cantos, os nosos instrumentos musicais, os nosos traxes... A cultura inflúe na forma na que vivimos e como nos enfrontamos á vida. Entrade na páxina de actividades e aprendede unha das nosas cancións.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
De
Master
-
Ricardo Carvalho Calero “...eu nascín no Ferrol Vello. O Ferrol Vello é o mais antigo, un bairro de pescadores, primitivamente, que non era outra cousa que unha vila mariñeira semellante ás da ría, enfrente do Ferrol de hoxe, por exemplo Mugardos.” Dende o equipo de dinamización da lingua galega recoméndanos as actividades propostas pola s Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra Na páxina atoparedes moitas actividades e cancións. Apetécevos cantar? Para aprender a canción: Utilizamos xestos para que nos sexa máis doado aprender a letra e darlle algo de animación a canción. De xeito sinxelo: En cada verso engadimos un xesto. Buscamos unha palabra que poida representar o que di o verso, se non atopamos utilizamos unha das palabras do verso. A maneira de facer os xestos pode variar segundo cada un, pois seguramente a cada un de nós ocorrerásenos unha idea para facer de galiña, sol, galo, gato.... Presento aquí o texto e dest...
Comentarios
Publicar un comentario