Que podes percibir?

A escoita é o bloque máis importante na educación musical, pois sostén toda a música en si. A música está feita para ser escoitada.
O principal obxectivo da educación musical e sensibilizar o alumnado a través do son.
"El oído es la puerta de entrada, el testigo y control de la música que se absorbe" (Violeta Hemsy de Gainza, pedagogía musical, 2002, p. 45)
Temos que proporcionar @s nos@s pequen@s unha gran riqueza sensorial, con diferentes timbres, duracións, intensidades e alturas do son.
Variamos:
Sons diferentes. Temos na casa infinidade de obxectos que poden producir sons primeiro a través da manipulación e logo con xogos de adiviña.
Sons longos e curtos, fortes ou suaves, agudos ou graves. Producidos por instrumentos, obxectos ou a propia voz, primeiro a través da manipulación ou reprodución de sons.

No site de actividades tes propostas para traballar a escoita

Comentarios

Entradas populares de este blog

SOMOS ARTISTAS